A defensa dos xudeus na URSS gorbachoviana: un caso epocal

veeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeermello

“Que está facendo unha loura beleza rusa como Vde nesta sinagoga?; esta pregunta foi dirixida a Katherine Orlova, esposa do coñecido xornalista ruso-soviético Vladimir Vladimirovich Posner, por un tal Smirnov Oshtashvili. A Orlova non se atopaba no interior dunha “sinagoga”, senón que estaba escoitando na Casa dos escritores de Moscú un dicurso do seu marido, figura desprezada por Oshtashvili, segundo o cal Pozner formaba parte dun “complot sionista para destruír Rusia”.

Non sabendo que os dous estivesen casados, proseguiu coas súas confidencias, contándolle á muller que era membro dun grupo antisemita e ultra-nacionalista denominado “Paymat” (existente entre os anos 70 e 90 do pasado século) con decenas de miles de adheridos en todo o País e cuxo obxectivo era “restituír Rusia aos rusos desembarazándose de todos os xudeus nazis (!) che traizoaran o País e continuaban traizoándoo tamén hoxe”.

En 1990*, el e algúns dos seus interromperían unha reunión de escritores hebreo-soviéticos, pero grazas a un dos participantes, armado cunha víodeocámara, os insultos racistas foron rexistrados e Oshtashvili foi arrestado, procesado e condenado a dous anos por antisemitismo. Tratábase da primeira condena deste xénero non soamente na Unión Soviética, que co novo curso gorbachoviano rompía coa seu tradicional hostilidade nas relacións coa comunidade hebraica nacional (hostilidade hoxe retomada baixo Putin), senón probablemente con carácter xeral. Smirnov Oshtashvili morrería pouco tempo despois, suicidándose en prisión.

* O encontro entre él y a Orlova tivo lugar a finais dos anos 80.

Publicado en “L’informale” o 4-2-2016 e traducido ao galego por Administrador, pode verse aquí o orixinal.

Esta entrada fue publicada en política, shalom y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario