O plan Fugu: unha historia xaponesa

HISTORIA DO INCRÍBEL PLAN FUGU, OU DO QUE SUCEDE CANDO OS XAPONESES SENTIRON POR PRIMEIRA VEZ FALAR DE XUDAÍSMO.

É coñecido que os Protocolos dos Sabios Anciáns de Sión, o máis célebre e, lamentabelmente, vital dos textos antisemitas modernos, fixeron e continúan facendo enormas danos. O que, en cambio, é menos coñecido, é que unha vez, unha única vez, esta clamorosa falsidade fabricada nos comezos do Novecento nos ambientes reaccionarios de Rusia, non foi o pretexto de pogroms e exterminios, senón que ao contrario – pradoxo dos paradoxos – creou un clima favorábel para os xudeus, e foilles de axuda.

Cuestión de respeto.

Sucede en Xapón, entre as dúas guerras mundiais. Os xaponeses non tiveran, no pasado, problemas de antisemitismo. Non sabían practicamente nada dos xudeus, e, polo tanto, non os odiaban, a diferenza dos rusos brancos, xunto a quen o exército xaponés estaba combatendo en Siberia, contra o Exército Vermello: foi así como a comezos dos anos Vinte os xaponeses tiveron coñecemento dos Protocolos, que foron traducidos á súa lingua e xulgados como un texto absolutamente fiábel e xenuino. Pero o efecto non foi o desexado para quen o estaba a difundir: a idea da existencia dun poder xudeu astutísimo e preparado para conquistar o mundo suscitou non odio, senón respeto e cauta admiración nalgúns altos funcionarios, políticos, dirixentes. Os xudeus eran realmente tan influintes? Eran realmente tan ricos? Verdadeiramente, eran quen de condicionar ao goberno americano e outros gobernos? Pero era unha cousa magnífica ¡ Velaí que lle sería de axuda a Xapón, tan necesitado de capitais e expertos para o desenvolvemento e modernización do país ¡

O Plan Fugu.

Este infuinte grupo, que se faría coñecido co nome de “expertos en xudaísmo”, elaborou, entón, un plan, que segundo o rabino Marvin Tokayer, autor xunto a Mary Swartz do apasionantísmimo “The Fugu Plan: The Untold Story of the Japanese and the Jews During World War II”, era chamado secretamente “Plan Fugu”. Os xaponenes terían convencido aos xudeus para trasladarse a Manchuria para crear industrias e infraestruturas. A economía tería sacado diso beneficio; pola súa banda, os xudeus permanecerían sempre moralmente debedores en relación con quen lle daba hospitalidade aos prófugos acosados polos nazis. Pero, por que aquel nome de “Plan Fugu”? Porque os xudeus eran como un prato de fugu, aquela comida a base de peixe globo, cuxas carnes, si non son ben tratadas, eran e son letais a causa dunha neurotoxina potentísima. Debían ser acollidos cos brazos abertos e favorecidos de todos os modos, pero vixiados, para que non se apodersaen das palancas do poder, apretando ao Xapón nun abrazo mortal

Unha fermosa e estraña historia.

O Plan Fugu nunca foi adoptado oficialmente. A situación internacional era demasiado complicada, e metéronse polo medio tamén as comprensíbeis resistencias dalgúns membros influintes da comunidade xudía de América, indignados fronte ao militarismo e a política agresiva do imperio. Pero moitos xudeus europeos atoparon refuxio en Xapón, que con fugu ou sen el, non cederon nunca ás peticións do aliado nazi, rexeitando pór en práctica persecucións e exterminios.

No seu conxunto, é unha fermosa e estraña historia, onde se mesturan inaccesíbeis astucias e lealdades, motivos de interese e consideracións humanitarias. O ben toma camiños completamente seus, e ás veces, incribelmente, mesmo os dunha falsidade lamentábel como os Protocolos.

P.S. Aconséllovos ferventemente ler o libro, que se devora como unha novela.

(Marina Morpurgo).

Publicado na web de JOIMAG o 28-9-2018. Traducido por Administrador, pode verse aquí o orixinal:

https://www.joimag.it/piano-fugu-giappone-morpurgo-stranomaebreo/?fbclid=IwAR1i3vQeL7eCsJtg604oQPCG-wVyBVNX5R06yKYcDWSBclQcx6yY-dduXIY

Imaxe: Pixabay.

Esta entrada fue publicada en Italia, política, shalom y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s