Tres fragmentos de “Homes en tempos de escuridade” (libro de Hannah Arendt)

Túnel, Metro, Corredor, Blanco Y Negro, Oscuro

Título: Hombre en tiempos de oscuridad.
Autora: Hannah Arendt.
Idioma de edición: español.
Ed: Gedisa.
Pp: 284.

1) “O seu núcleo consistía en xudeus asimilados de familias de clase media cuxo trasfondo cultural era alemán (….), cuxa formación política era rusa e cuxas normas morais tanto na vida pública como privada eran exclusivas deles. Estes xudeus, unha minoría en extemo pequena en Europa oriental (….) mantíñanse fóra de todo rango social, xudeu ou non-xudeu, e polo tanto non tiñan prexuizos convencionais e desenvolveran neste illamento verdadeiramente espléndido o seu propio código de honra, o cal atraeu entón a un número de non-xudeus entre os que se atopaba Julian Marchlewski e Feliks Dzerzhyniski, os que máis trade se uniron aos bolcheviques. Foi precisamente debido a este ambiente que Lenin nomeou a Dzerzhyniski como xefe do Cheka, alguén que, segundo esperaba, ningún poder puidese corromper: non era certo que rogara que lle encargasen o Departamento de Educación e Benestar infantil?
Nettl sinala acertadamente a excelente relación de Rosa Luxemburgo coa súa familia, os seus pais, os seus irmáns, a súa irmá, a súa sobriña, ningún dos cales mostrou a menor inclinación cara ás conviccións socialistas ou cara ás actividades revolucionarias e que, con todo, fixeron todo o que puideron para axudala cando tiña que esconderse da policía ou estaba en prisión. Vale a pena mencionar isto dado que nos dá unha visión deste carácter único do ambiente familiar xudeu sen o cal a urxencia do código ético do grupo de camaradas sería case incomprensíbel (….)” (pp 50-51).

2) En referencia a Rosa Luxemburgo:

“E seica os feitos non lle deron a razón? Non é a historia da Unión Soviética unha longa demostración dos terríbeis perigos das “revolucións desfiguradas”? O “colapso moral” que previu – sen pever, está claro, a aberta criminalidad edo sucesor de Lenin – non lle causou máis dano á revolución tal como ela a entendía que “calquera derrota política …. na loita honesta contra forzas superiores e baixo a presión situación histórica? Non era verdade que Lenin errara totalmente nos medios que empregou, que o único modo de salvación era “a escola da vida pública en si mesma, a democracia e opinión pública menos limitadas e máis amplas, e que o terror “desmoralizaba” a todos e todo o destruía?” (p. 64).

3) Referíndose a Walter Benjamin:

“Con Brecht podía practicar o que el mesmo denominaba “pensamento cru” (….) “O máis importante era aprender a pensar crudamente. O pensamento cru é o pensamento dos grandes”, dixo Brecht e Benjamin agregou: “Hai moita xente que ten a idea de que un dialéctico é un amante das sutilidades (….)” Pois ben, aquilo que atraía a Bejamnin cara ao pensamento cru non era talvez tanto a referencia á práctica senón á realidade, e para el esta realidade manifestábase en forma máis directa nos proverbios e modismos da linguaxe cotiá (….) permitiulle (….) do mesmo xeito que o fixo Kafka, cuxas formas de expresión son de cotío claramente discernibles como unha fonte de inspiración e proporcionan a clave a máis dun “acertixo”, escribir unha prosa dun encanto singular e dunha encantada proximidade coa realidade” (p. 176).

4) Referíndose a Walter Benjamin:

“Na época en que Benjamin intentou adoptar, primeiro un sionismo do que non estaba moi convencido, e despois un comunismo no que, no fondo, tampouco cría, estas dúas ideoloxías estaban enfrontadas con extrema hostilidade: os comunistas difamaban aos sionistas como xudeus fascistas e os sionistas chamábanlle aos mozos xudeus comunistas “asimilacionistas vermellos”. De xeito notábel e talvez único, Benjamin mantivo ambos os camiños abertos durante anos: insistiu en considerar o camiño a Palestina moito despois de volverse marxista, sen permitir que o convencesen as opinións dos seus amigos de orientación marxista, en especial os xudeus entre eles. Isto demostra ás claras que pouco lle interesaba o aspecto “positivo” de calquera destas ideoloxías, e que aquilo que lle importaba en ambos casos era o factor “negativo” da crítica ás condicións existentes, unha saída fóra das ilusións burguesas e a falta de veracidade, unha posición fóra do establishment literario e académico. Era bastante mozo cando adoptou esta actitude crítica. Talvez sen sospeitar a que grado de illamento e soidade esta o levaría (….)” (p. 195).

Imaxe: Pixabay.

Esta entrada fue publicada en literatura, política, shalom y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s