“Filosofía en once frases” (libro do arxentino Darío Sztajnszrajber. “el innombrable”)

Título: Filosfía en once frases.

Autor: Darío Sztajnszrajber.

Idioma: español.

Editorial: Ariel.

Pp: 333.

Algunhas ideas interesantes que se apuntan no libro:

Algunhas ideas interesantes que se apuntan no libro:

1) “Unha pregunta con resposta acóuganos”, dinos o autor na páxina 19. Para engadir: “Unha resposta que aínda pode ser aberta cunha nova pregunta mobilízanos. E cada nova resposta pode á súa vez ser aberta, alcanzamos o aberto. O aberto angustia. O pechado angustia. O todo angustia. A nada angustia”.

2) O autor pregúntase si pode definirse a Deus. Pero a pregunta é dobre. Pregúntase pola natureza de Deus, pero tamén sobre o “definíbel”. É definíbel todo? E si todo é definíbel, deberiamos interrogarnos si non hai nada máis aló da linguaxe. Coa nosa linguaxe podemos coñecelo todo? E co noso pensamento? Ou estaremos condenados a coñecer unicamente o que a nosa linguaxe ou pensamento nos permite?, ” …. isto é, a recoñecer que o real comeza en realidade máis aló da linguaxe?” ( páxina 53).

3) Sobre o coñecerse a un mesmo e a “interioridade” dinos o escritor na páxina 75: “a idea dun mundo interior, dunha interioridade radical, vaise constituindo da pouco en Occidente. É máis, até sería incomprensíbel sen as achegas do cristianismo, pero historicamente estamos nunha época anterior”. Reivindica ao Foucault que afirma que coñecerse a un mesmo é unha práctica, un conxunto de exercicios lonxe da introspección pasiva. “O movemento non xorde dunha vontade espontánea que fai forza e nos cambia. É ao revés: hai que provocar os cambios con medidas concretas, con experiencias que fagan corpo e nos modifiquen”.

4) Analizando a Simone Weil, entende que debe dicirse que si Deus é a totalidade, é imposíbel que unha totalidade poida engadir algo ao que “xa” é. O seu ser é completo e perfecto. Como podería a totalidade crear algo si, por ser todo, exclúe a posibilidade dun “excdente”?; velaí unha tradicional cuestión teolóxica. En concordancia con certa tradición cabalística, Weil, dinos o autor na páxina 146, opta máis por …. “unha interpretación que entende o acto de creación non como un agregado senón como unha retracción, como unha perda. Ao crear o mundo, Deus retráese, deixa lugar ao novo na medida en que mutila a súa propia totalidade, o seu propio ser, na medida en que se contrae para dar lugar ao novo. E por que Deus faría unha cousa así? Por amor. Por amor vai en contra del mesmo”.

5) “…. A impolítica é o contrario da antipolítica, aínda que, máis que o seu oposto, denuncia que a antipolítica non é algo distinto á política tradicional que esta cuestiona: a antipolítica faise pasar por non política para non verse salpicada pola crise da política tradicional, propondo a recorrente receita do mercado como aglutinador do lazo social, é dicir, propón a política do mercado pero disfrázaa de apolítica ….” (páxina 178).

6) Para Marx, dinos Darío Sztajnszrajber, “…. a mercadoría vólvese só un medio para lograr que o capital creza, unha pantasma: a mercadoría desvanécese no aire ….” (páxina 235).

7) Moi interesante o que comenta sonre Nietzsche e o que poida ser o “superhome”: é o que vén despois do home, “do humano tal comoo entendemos até agora”, isto é, ” da idea de humanidade como algo pechado, definitivo, definíbel”. Abandonar o esencialismo para concibir o humano como “unha ponte”, un tránsito. Exprésase así o autor na páxina 265: “…. suponse que existe unha natureza humana con límites precisos que nos define. A historia das relixións, despois da filosofía e despois da ciencia, deu múltiples definicións diso chamado o humano, sempre coa vocación de fixar unha natureza precisa ….”.

O máis problemático xorde cando na ciencia avanza cada vez máis o darwinismo, sin que no imaxinario social se xerase un novo consenso. Pregunta o autor: (páxina 265): “Canto tempo levaría asimilar que a Terra non era o centro do universo? Canto tempo nos levará asumir que a natureza do humano é meramente a transformación incesante da súa propia natureza, que por cambiante nunca é propia?”

8) Lendo a Derrida (páxina 270), Darío Sztajnszrajber formula un par de preguntas: “Podemos saír do texto ou todo o que facemos, dicimos, sentimos, falamos, é sempre xa previamente linguaxe, ou sexa, nós? Que quere dicir que nós somos linguaxe? Falamos a linguaxe ou é a linguaxe o que nos fala?”.

9) Unha interesante reflexión sobre orde, liberación e desexo, é exposta na páxina 284: ” …. pero os nosos paradoxos constitutivos tamén teñen que ver con isto: somos os que necesitamos unha orde para sobrevivir ao abismo anárquico que ao mesmo tempo nos libera. Necesitamos estar todo o tempo liberándonos dunha orde á que nos aferramos moitas veces en contra do noso desexo, pero hai desexo porque hai unha orde que se quere transgredir, porque algo falta”.

10) Explica a concepción de poder en Foucault na páxina 317: “…. non seguimos así atados a unha concepción centralista do poder? Seguimos crendo na existencia dun poder central, pechado sobre el mesmo, fronte ao cal unha resistencia reacciona. Pensemos o poder como unha rede, micropoderes executándose por todas as partes, relacións de poder espalladas por todas partes …. Formas de micropoderes que se instalan nunha forma de falar, de esixir escoita, de expór xerarquías, de definir, de vincularse con eses outros …. E sobre todo, neste cadro, desmembrar un dispositivo de poder que establece claramente amigos e enimigos, bos e malos, xustos e inxustos. Si o poder tamén está aquí, contra quen loito? Contra min mesmo? Xa non sabería o que é gañar ou perder, xa que estaría gañado e perdendo todo o tempo”.

Imaxe: Pixabay.

Esta entrada fue publicada en Américas, antropoloxía, filosofía y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s