Cidades israelís e poboación mixta: onde se están a derrubar realmente os muros

MENTRAS A NIVEL NACIONAL SE DIFUNDEN FENDAS E POLARIZACIÓN POLÍTICA, NAS CIDADES ÁRABE-XUDÍAS DE ISRAEL ASÍSTESE A NIVEIS DE COOPERACIÓN SEN PRECEDENTES.

Algo interesante sucedeu nas cidades mixtas árabe-xudías de Israel durante as últimas eleccións municipais. Os árabes que competían nas listas dos partidos nacionais, ou como candidatos independentes, que foron elixidos nos consellos municipais, uníronse todos, sen excepcións, ás coalicións de maioría das administracións locais e anunciaron o seu apoio aos alcaldes elixidos e aos presidentes do consello municipal. Cinco destes presidentes de consello proceden da dereita e representan aos partidos “Likud” e “Israel Beytenu”.

A pesar das distancias ideolóxicas e a polarización política, os habitantes das cidades poden en todo caso expresar intereses idénticos e hai moitos campos nos que os representantes elixidos de “Hadash” (o partido comunista árabe-israelí), de “Balad” ou mesmo do “Movemento islámico” poden traballar de modo eficaz cos representantes do “Likud” ou de “Habayit Hayehudi”. En cada cidade con poboación mixta asístese a unha estreita cooperación entre xudeus e árabes a todos os niveis da administración e das actividades municipais, ainda que siga resultando raro que as escolas das cidades sexan bilingües e atendan aos dous sectores.

Ainda que o goberno israelí destinara miles de millóns de Shekels a un plan económico especial para o sector árabe, desde os medios de comunicación non se lle ten prestado particular atención aos progresos dos residentes árabes nas cidades mixtas.

Esta semana, o “Fondo Abraham” albergou en Acco unha conferencia sobre a súa iniciativa “Cidades compartidas”, durante a cal os representantes das cidades mixtas espuxeron as súas posicións, ademais de presentar algunha estatísticas moi interesantes sobre habitantes árabes e xudeus daquelas cidades. “Cidades compartidas” é un proxecto que busca promover un enfoque específico para a administración das cidades mixtas existentes, e das que están a desenvolverse, co obxectivo de dirixirse cara unha completa integración no sentido máis integral do termo.

Segundo un estudio levado adiante por Hisham Jubran, do “Afkar Research Institute” en Haifa, Acco, Lod, Ramle, Giaffa, Nof HaGalil e Ma’alot-Tarshiha, os xudeus e os árabes residentes en cidades mixtas aprécianse reciprocamente e están satisfeitos en xeral das relacións entre os dous grupos. O estudio revelou que o 81% dos residentes xudeus describe como boas as relacións cos residentes árabes das súas cidades, e o mesmo afirma o 89% dos residentes árabes sobre as relacións cos concidadáns xudeus. Aproximadamente o 79% dos habitantes árabes e o 61% dos habitantes xudeus nas cidades mixtas, declararon estar en contacto con membros da outra comunidade. Isto indica que unha clara maioría dos residentes das cidades mixtas xúntase e interactúa cos membros do outro sector da poboación no traballo, na vida do barrio e nas actividades do tempo libre. Pero non é todo. O 61% dos residentes xudeus das cidades mixtas declárase de acordo coa afirmación “permítolle aos meus fillos xogar cos nenos árabes”, e o 86% dos residentes árabes afirma permitirlle aos seus fillos xogar cos nenos xudeus. Estes datos mostran un cadro alentardor en relación co estado da concreta convivencia, ainda que quede moito camiño por facer cando se fala de sistemas escolares comúns.

Os acordos e a cooperación a nivel de administracións locais ofrecen unha imaxe oposta ao que sucede na Knesset e na política nacional no seu conxunto, onde parecen propagarse a polarización, a alienación e mesmo a instigación. As cidades mixtas israelís son importantes puntos de intersección que poden contribuir a previr fisuras máis grandes, e axudar a estreitar os lazos sociais. Ainda máis si se considera que os árabes, particularmente as xóvenes parellas e membros da clase media, tenden a desprazarse das comunidades exclusivamente árabes ás cidades mixtas, buscando unha mellor calidade das súa vidas e mellores servizos municipais: trátase de persoas abertas ao estilo de vida multicultural que ofrecen estas cidades, un auténtico e verdadeiro modelo para o martirizado Medio Oriente.

(Jalal Bana).

Fonte: “Israel HaYom, 25.12.19”.

Publicado o 27-12-2019 na web “israele.net”. Traducido por Administrador, pode verse o orixinal aquí:

https://www.israele.net/citta-israeliane-a-popolazione-mista-dove-si-stanno-abbattendo-davvero-le-barriere?fbclid=IwAR2-ykjvFZI41vNMYQ4AWRIYKav325Da717Hm_Kl_Y_A-g6MYI54_wMkV7M

Imaxe: Pixabay.

Esta entrada fue publicada en Italia, política, shalom y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s