Talmud para principiantes

Lonxe de min ser quen de explicar en poucas liñas que sexa o Talmud, a base principal de todo aquilo que poida ser descrito co termo xudaísmo. Pero para dar un pequena degustación de como funciona a lóxica que desenvolveu este tratado de máis de 6.200 páxinas que abrangue ética, filosofía, historia, tradicións e ainda moitas máis cousas, expoño unha simpática historia a modo de exemplo sobre a materia.

Un mozo bate na porta dun gran talmudista:

Rav, querería estudar o Talmud”.

Coñeces o arameo?”.

Non”.
“E o hebreo ?”

Tampouco”.
“Estudaches algunha vez a Torah ?”

Non, Rav, pero gradueime con honra en Harvard en filosofía e conseguín un PhD en Yale. Gustaríame completar a miña formación cun pouco de Talmud”.

Dubido que esteas preparado para o Talmud. É o máis vasto e profundo dos libros. Si o desexas, de todos modos, fareiche un exame de lóxica e, si o superases, ensinareiche o Talmud”.

“Está ben. Atrévome coa lóxica”.

Primeira pregunta. Dous ladróns baixan dunha cheminea. Un baixa coa cara limpa, outro coa cara manchada. Cal dos dous lava a cara?”

O ladrón coa cara manchada”.

“Errado. O da cara limpa. Examina a lóxica. O ladrón coa cara manchada mira para o da cara limpa e pensa que el tamén está limpo. O que ten a cara limpa, en cambio, mira para o da cara manchada e pensa que a súa tamén o está. Daquela, o que lava a cara é o que ten a cara limpa”.

“Moi sutil ¡ Rav, fágame outra pregunta”.

“Dous ladróns baixan dunha cheminea. Un sae coa cara limpa, o outro coa cara manchada. Cal dos dous lava a cara?”.

“Pero …. xa o determinamos. O da cara limpa é quen a lava !”.

“Errado. Lávana os dous. Examina a lóxica. O da cara manchada pensa que a súa cara estea limpa. O da cara limpa pensa que a súa cara estea manchada. Cando o da cara manchada ve que o outro lava a cara, entón comprende que tamén a súa debe estar manchada. Enton, lávana os dous”.

“Non pensara niso …. Por favor, outra pregunta !”.

“Dous ladróns baixan dunha cheminea. Un sae coa cara limpa, o outro coa cara manchada. Cal dos dous lava a cara?”.

“Ben, entón está claro que a lavan os dous?”.

“Errado. Ningún dos dous a lava. Examina a lóxica. O da cara manchada pensa que a súa cara está limpa. Pero cando o que ten a cara limpa ve que o da cara manchada non se lava, entón el tampouco se lava. Daquela, ningún dos dous lava a cara. Como ves, ainda non está preparado para o Talmud”.

“Rav, por favor, unha última pregunta !”

“Dous ladróns baixan dunha cheminea. Un sae coa cara limpa, o outro coa cara manchada. Cal dos dous lava a cara?”.

Ningún !”

Errado. Quizá agora comprendes por que Harvard e Yale non te poden preparar para o Talmud. Dime, como é posíbel que dous homes baixen pola mesma cheminea e un saia coa cara limpa e o outro coa cara manchada?”.

Rav, pero vostede deume catro respostas contraditorias sobre esta pregunta ! É imposíbel !”

Non, meu fillo, non é imposíbel, é o Talmud”.

(Luciano Assin).

Publicado o 11-12-2019 no blog L ´ALTRA ISRAELE. Traducido por Administrador, pode verse o orixinal aquí:

https://laltraisraele.wordpress.com/2019/12/11/talmud-per-principianti/?fbclid=IwAR0PAXZPzqbufMhs0JMA9BECwP2B8ECxAOsURfu_qrIyHIkZtEDfjNG8mJ4

Esta entrada fue publicada en antropoloxía, filosofía, Italia, literatura, shalom y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s