Como se lle conta Israel aos turistas? Explícao Angela Polacco, unha guía excepcional

PASADO, PRESENTE E FUTURO DUN PAÍS AINDA COMPLETAMENTE POR DESCUBRIR.

Tel Aviv gañou a segunda posición entre as cidades a visitar no 2020 na lista de “Forbes” e os voos Low Cost abriron tamén a Israel ao turismo de estadías curtas, o de fin de semana, a alongarse nalgún día máis para chegar a algún outro destino. Un gran cambio na percepción deste Estado por parte dos viaxeiros, apartándoo da categoría de lugar perigoso no que é imposíbel moverse autonomamente. Pero, frecuentemente quen escolle visitar o país, diríxese a un guía turística para que o acompañe nun percorrido de coñecemento: non é fácil comprendelo todo …. Nós fixémolo aquí, nunha charla con Angela Polacco, guía de gran experiencia, de lingua nai italiana, en Israel, no intento de darlle unha resposta á pregunta sobre o que signifique contar Israel hoxe. Non en forma narrativa ou de ensaio, senón da inmediatez dunha viaxe.

Que busca hoxe un guía?

Despois dun longo periodo difícil, a xente descubriu que Israel é un lugar que pode visitar soa simplemente sabendo un pouco de inglés, e entrar en relación facilmente coas persoas. Sab aquela chiste que di que en Israel as parellas non fan o amor na rúa sumplemente porque nese caso chegarían vinte persoas a explicarlles como se fai? Velaí, esta é Israel. Pero moitas persoas piden unha guía porque queren entender. E eu creo que o éxito dunha viaxe non é volver a casa con certezas, ou mellor con crenzas, senón máis ben crearse dúbidas, crear aperturas á reflexión. Quizá o turista chega a Israel cunha idea estereotipada, frecuentemente causada polas imaxes suxeridas polos medios, que despois é eliminada completamente. E hoxe o que se pide, finalmente, é querer coñecer Israel, cos seus habitantes, a arte, a innovación, a cultura e a historia”.

Un cambio importante en relación co pasado?

Enorme. Houbo varias fases. Cando comecei a facer este traballo, a finais dos anos 80, o turismo estaba completamente organizado e a percepción era dun país en guerra. Despois, existía un forte compoñente de turismo relixioso, co obxectivo de facer peregrinacións. Pero habitualmente estes grupos viñan co seu propio guía espiritual, que, por un acordo entre Italia e Israel, sustituía ao guía local. Despois, houbo dúas grandes crises, a primeira comezou desde 1987, coa primeira Intifada. O turismo co que tiña relación, en masa, estaba composto de xornalistas, enviados para seguir os feitos. Necesitaban axuda, habitualmente nin sequera coñecían o inglés e en Israel todas as comunicacións importantes pasaban pola radio; polo tanto, o meu papel transformouse para responder ás súas esixencias de comprensión dos feitos a contar despois nos medios italianos. A segunda crise estivo determinada poa Guerra do Golfo. Naqueles anos, era acompañante e produtora, porque os xornalistas chegaban e debían adecuarse aos tempos curtos para a transmisión das emisións polo aire (tiñan unicamente 15 minutos ¡) Para min foi unha experiencia importante, puiden coñecer personaxes da cultura como Yehoshua, Oz, Grossman, e da política, comezando por Netanyahu, entón xoven viceministro de Exteriores e portavoz nas relacións cos xornalistas. Despois, con Oslo, a situación calmouse e tamén o turismo deu sinais de interese, en formatos novos: xa non ligado ás peregrinacións católicas ou ás viaxes de orientación política, senón centradas no coñecemento do país”.

Un cambio tamén en relación coa percepción, polo tanto, que o gran público ten de Israel?

Como antes dicía, frecuentemente as persoas chegan aquí cheas de prexuízos, frecuentemente son vítimas deles e decátanse diso mentras viaxan. Por exemplo, en seguida salta aos ollos o feito de que non se vexa a guerra, nin sequera nos anos 2000, cando existían atentados suicidas, existe unha sensación de tranquilidade e seguridade. Despois está o prexuizo sobre a espiritualidade, sobre todo en Xerusalém. Mentras tanto, o seu nome, en hebreo Jerushalaim, expresa unha dualidade: Xerusalém é guerra e paz, luz e tebras, e ainda cidade terrena e celeste …. Para min, a cidade é de quen vive nela. E pode ser máis ou menos espiritual en función de quen a visita: é absurdo buscar este elemento nos lugares, a espiritualidade hai que tela dentro dun. Sabe que penso? Para min, a espiritualidade é o encontro entre as persoas. Israel é unha marea de xente diversa, expresión de mundos diversos, unha encrucillada de ideas e de historias incríbeis. E a cousa máis fermosa que pode suceder é falar cos outros e descubrir estas historias. Israel, si se pensa, é un lugar de convivencia entre culturas diferentes, é ter relacións. Este elemento é imprescindíbel e é importante para todos.

O itinerario ideal para comprender a Israel de hoxe?

En tanto israelí, non podo entrar nos territorios A, pero en Xericó hai pasos abertos e alí hai ocasións interesantes para ver Israel desde a outra parte: pode atoparse quen acolle aos turistas e conta a súa propia situación de vida. Despois, tamén existen aqueles pechados nas súas propias convicións e que propoñen a súa como a verdade absoluta. Unha confrontación fermosa, interesante, xustamente para abrirse á dúbida, comezando a comprender que esta medalla ten moitas caras. Importante a invitación a cear o venres á noite: é un fermosísimo modo para entrar verdadeiramente en contacto coa cultura xudía, frecuentemente para nada coñecida polo seu carácter intimista e non público. Despois, penso que o tour debería seguir nas universidades, nos hospitais, que son mundos nunca contados nos que a atención é para todos, verdadeiramente nunha forma democrática. Daquela, dirixiríame a mostrar as grandes conquistas de Israel, comezando pola auga: o país produce auga e protexe os seus manantiais celosamente de calquer forma de contaminación, co obxectivo de deixarllos ás futuras xeracións. Son cousas que os turistas non poden saber e que causan gran admiración”.

O guía é pedida tamén para o turismo de curta duración, o de fin de semana ou pouco máis, que se desenvolveu recentemente?

Coas políticas dos ceos abertos e os prezos dos voos finalmente accesíbeis, estamos asistindo á chegada dun turismo de masas: 4 millóns de persoas no 2018 e 4,6 millóns de persoas no 2019. Ademais da falta de preparación para recibir do país, que ainda ten estruturas inadecuadas, este turismo é en todo caso atento. Quen chega, nunca renuncia a visitar Xerusalém e quere ir tamén a Masada. No 50 por cento dos casos, pide un guía, cando menos para comprender a cidade, quizá tamén porque non existen boas guías en papel que lle permitirían aos turistas desprazarse autonomamente. Un exemplo? O museo de Yad Vashem: debe ser contado, comezando pola súa arquitectura”.

Como describiría Israel hoxe?

Israel é un lugar que continúa soñando e crendo no soño. Agora o soño é concretar unha estabilidade para un país que mira cara o futuro, mellorando o mundo. Non é casual que a dinámica das start up ten sempre que ver co concepto de Tikkun Olam. Esa é unha resposta á pregunta sobre cal é o papel do home no mundo. E Israel é o país no que se busca unha resposta a aquela mesma pregunta, declinándoa en todo ámbito. Os que eu chamo os novos sionistas son os mozos idealistas de hoxe, que persiguen a calidade da vida máis que a posesión. Son aqueles que poñen en pé quizá unha fábrica no deserto, grazas á cinvición de que sexa o lugar adecuado, a pesar de que o goberno faga ben pouco polas realidades periféricas. Pero isto é só un exemplo. Certamente, é necesaria un pouco de tolemia, pero afortunadamente temos tanta ¡”.

Cal é o papel dunha guía turística?

Ser quen de facer ver os lugares a través dos ollos dos clientes, abrir oportunidades de comprensión e sobre todo suscitar a dúbida. Para min, a cousa máis fermosa é o encontro coas persoas, entendelas, buscar sintonizarme con elas para atopar as cousas que unen; as que dividen, dividirán sempre”.

Publicado na web de JOIMAG O 23-12-2019. Traducido por Administrador, o orixinal pode verse aquí:

https://www.joimag.it/come-si-racconta-israele-ai-turisti-lo-spiega-angela-polacco-una-guida-deccezione/?fbclid=IwAR3wvxlRQtj5xzBCSJuTOkbdcMib8Z4RRxtPxH0M92L4u0Or6IIVrF45qIM

Imaxe: Pixabay.

Esta entrada fue publicada en Italia, shalom, viaxes y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s