O Sigd, a festividade etíope de renovación do pacto

O 29 de Jeshván, que este ano cae o 27 de novembro, os nosos irmáns etíopes, os “Beta Israel”, celebran a festa de Sigd.

Durante a festa, os xudeus etíopes renovan a alianza entre o Pobo de Israel, Deus e a súa Torah. Durante todo o día realízanse unha serie de pregarias polo retorno a Sión. De forma comunal, realízase a introspección que complementa o autoexame de Iom Kippur, que é xustamente 50 días antes – de forma similar á festa de Shavuot, que se celebra 50 días despois da Pascua -. Conforme á tradición etíope, para ser dignos do retorno do exilio a Xerusalém, todo o pobo ha de participar nunha introspección e arrepentimento comunitarios.

As transgresións dos membros da comunidade perdóanse durante Iom Kippur e os 50 días seguintes. E ao día 50, despois da introspección conxunta, toda a comunidade retorna á experiencia de Kippur con pregarias e un xexún.

A comunidade encóntrase pola mañá e camiñan xuntos até o cumio dunha montaña. Os Kessim, os líderes relixiosos, vístense cos vestidos e levan as “Orit”, os rolos coa Torah escritos na lingua antiga Geez, e compóñense dos Cinco libros de Moisés, os Profetas e outros libros como o Cantar dos cantares,

Durante o día, os Kessim recitan fragmentos do Orit, incluindo o Libro de Nehemías, e lideran as pregarias diante da comunidade.

Hoxe en día, cando a meirande parte de membros da comunidade xudía etíope fixo aliá* a Israel, a festa serve como reunión de toda a comunidade, que viaxa a Xerusalém e visítase o Kotel** e o paseo do barrio de “Amon Hanatziv”; e tamén para reforzar os lazos entre a comunidade e as súas raíces culturais.

Publicado na web de NOVA ESCOLA CATALANA o 27-11-2019. Traducido por Administrador, pode verse o orixinal aquí:

http://www.novaescolacatalana.cat/2019/11/27/el-sigd-la-festivitat-etiop-de-renovacio-del-pacte/?fbclid=IwAR2ZXiBQwLgwM0Gv5MZSkSh-4_Bi1FTiVZqnZ5RwYRorOMtcg7TWxRHG92g

Imaxe: Pixabay.

* https://es.wikipedia.org/wiki/Aliy%C3%A1

** https://www.youtube.com/watch?v=137bV3WApf0

Esta entrada fue publicada en antropoloxía, política, shalom y etiquetada , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s