Ki-tetsé: responsabilidade coas cousas perdidas

Despois dunhas cantas leis sobre a pena capital, a Torah comeza un fragmento no que se detallan unha nova serie de leis que, hoxe, se etiquetarían de “xustiza social”. E a primeira é o recordatorio sobre o que procede facer cando atopamos animais ou obxectos dos nosos “irmáns” ou veciños.

Non verás o boi que é do teu irmán (tamén parente, coñecido) ou o seu cordeiro, extraviados, sen ocuparte deles. Terás que devolverllos ao teu irmán.

(Devarim* 22:1).

En primeiro lugar, procede ser conscientes de que calquera tradución implica un nivel de interpretación. Por iso Moisès ben Nakhman nos aclara que este mandamento explica o que atopamos no libro de Xemot** 23:4, e dinos que, neste caso, o animal está “fuxindo”נִדָּחִ֔ים no texto orixinal -, que non é o mesmo que que estea “perdido” – ou desviado do camiño, תֹּעֶ֑ה» en Xemot -, dado que, si simplemente se desviou, quere dicir que será máis fácil que retome a viaxe cara a casa do seu propietario. Ao contrario, a escritura menciona agora “fuxindo”, querendo dicir que escapou do seu propietario (R. M. Ben Nachman, Commentary to the Torah: Devarim, traducido e comentado por Charles b Chavel, p. 263).

Por iso existen os seguintes versículos:

Pero si o teu irmán non estivese preto de ti, ou non o coñeceses, terás que recollelo e levalo a casa, e estará contigo até que o reclame o teu irmán, e terás que devolverllo.

E así terás que facer co seu asno; e así terás que facer coa súa peza de roupa; e así terás que facer con todo obxecto extraviado do teu irmán que perda e ti o atopes. Non deberás ocultalo.

(Devarim 22:2-3).

O Ramban indícanos que o asno é un animal “impuro” – recordemos que sempre se trata de pureza ritual -, e tamén se menciona a roupa, ainda que non sexa tan importante como os animais para o seu propietario – os bois valen para traballar, mentras que unha peza de roupa, no mundo antigo, non causaba gran perda -. Ademais, os animais domésticos morren si non son coidados -, e tamén se menciona explicitamente “todo obxecto extraviado do teu irmán que perda”, referíndose a calquera dos obxectos da casa, mesmo aqueles que poidan non ser excesivamente estimados, incluindo pezas de roupa coas que se tapan.

E conforme á interpretación dos rabinos, segue o Ramban, a escritura engade nesta sección diversas cousas, como “non deberás ocultar”, que cabería interpretar do seguinte xeito: “ás veces está permitido ocultalos, e ignorar os obxectos perdidos como, por exemplo, si o propietario fose un sabio e fose degradante para el ter realizado certos actos, como por exemplo devolverlle un asno ao seu propietario” (R. M. Ben Nachman, pp. 263-264).

Debe dicirse que ás veces, cando atopamos obxectos perdidos, permítesenos “facernos os despistados” ou mirar cara outra banda. Pero grazas a Ranbam, o que inferimos que nos di a Torah é que hai que ser moi coidadoso á hora de decidir si nos facemos os despistados ou non.

Non é correcto optar por facer ver que non temos atopado un obxecto perdido, por moi pouco gratificante que nos pareza a nós, ou polo simple feito de que nos cause preguiza.

E a pesar de que no mundo antigo o status social comportara que facer determinadas cousas era indigno, sempre se pode optar por “delegar” esta tarefa. Aquilo que para nós pode non significar nada, para quen o perdeu pode ter un alto valor ¡

Xabat xalom!

Publicado na web de NOVA ESCOLA CATALANA o 13-9-2019. Traducido por Administrador, pode verse o orixinal aquí:

http://www.novaescolacatalana.cat/2019/09/13/ki-tetse-responsabilitat-amb-les-coses-perdudes/?fbclid=IwAR3zWqGlo1UmQPT2Vm5Tl0arcf_XQKN9L1HobURfiYtNgBUknJvNqRNU-D0

* Deuteronomio.

** Éxodo.

Esta entrada fue publicada en antropoloxía, filosofía, shalom y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s