«De Asia ao Mundo». Outra visión do século XX, de Pierre Grosser

Recensión de: Pierre Grosser, Dall’Asia al Mondo. Un’altra visione del XX secolo, Giulio Einaudi editore, Torino 2018, pp. LII – 712, 36 euros.

A historia do mundo faise en Asia: o título orixinal do libro de Pierre Grosser é emblemático e recolle en si o significado e o obxectivo último que o autor lle atribúe ao seu modo de tratalo. A historia decídese en Asia, na medida en que existe unha dimensión asiática para cada importante acontecemento histórico universalmente recoñecido como «occidental». Grosser aproxímase, daquela, á análise dos acontecementos do século XX partindo de Asia para chegar despois ao mundo, como suxire an cambio a tradución italiana do título do libro.

Na introdución, Grosser inicia a súa narración desde o «final», gañando para si ao lector e explicándolle como «outra visión do século XX» é funcional para comprender as dinámicas internacionais do terceiro milenio, que ven a afirmación de China e de Xapón. O éxito das dúas potencias desde o punto de vista económico, estratéxico e militar, realmente, é a consecuencia dun longo proceso que comezou o pasado século, duante o cal os desenvolvementos da situación en Extremo Oriente teñen influenciado a historia mundial dun xeito máis determinante do que xeralmente é percibido.

Despois de ter motivado ao lector, Grosser, que desde este momento en diante continúa abordando o tema sen alterar a narración cronolóxica dos acontecementos, dedícase aos eventos históricos que catacterizaron o comezo do Novecento utilizando unha linguaxe simple, xornalística, que fai que a lectura de contidos complexos sexa fluida. O autor, apoiándose nunha bibliografía coidada e moi vasta, pon énfase no suliñar como nos cálculos xeopolíticos mundiais, o factor asiático foi tan relevante como usualmente descoidado no estudo da historia contemporánea. O experimento intelectual de Grosser empuxa ao interlocutor a dirixir a ollada cara Oriente: servíndose dunha óptica diferente da habitual, pero sen abandonarse á retórica terceiromundista, o autor busca avanzar nunha análise coherente que ten presente factores frecuentemente infravalorados no tratamento histórico, alcanzando interesantes resultados.

Da primeira á segunda guerra mundial: a infravaloración do factor asíático leva á guerra fría.

A situación que se desenvolve en Asia nos primeiros anos do Novecento contribúe de modo determinante a definir a orden internacional que levará á primeira guerra mundial. Realmente, é a competición na rexión, pon de manifesto Grosser, o que agrava a polarización entre dous campos: despois da guerra ruso-xaponesa do 1.905, ten lugar unha aproximación a cuatro entre Gran Bretaña, Francia, Rusia e Xapón, que ailla a Alemania. O imperio alemán atópase excluido da complexidade de acordos bilaterais que foron establecidos entre as potencias internacionais para fixar as recíprocas esferas de influencia colonial en Asia-Pacífico. A renovación do tratado anglo-xaponés (1.905) abre o camiño a posteriores tratados do 1907 con Francia e con Rusia, cos que Xapón se insire na rede das alianzas europeas. Gran Bretaña, que entrara nunha entente cordial con Francia (acordo anglo-francés, 1904), diríxese finalmente a Rusia (convención anglo-rusa do 1.907 para Asia). Este sistema de acordos político-militares constitué a premisa para a institución do Triple Acordo. O novo equilibrio creado en Extremo Oriente estabiliza a rexión e transfórmaa nun teatro secundario fronte ao perigo alemán en Europa. Tamén Washington teme a expansión alemá, sobre todo no Pacífico, pero decide entrar en guerra contra Berlín en Europa (1.917).

O final da primeira guerra mundial (1.918) dalle ainda máis forza ás tensións existentes en Asia. O Tratado de Versailles (1.919), a causa do non recoñecemento da igualdade entra as razas e a falta de restitución do Shandong a China, desencadea o resentimento dos países asiáticos en relación cos imperios europeos e nortemaricano. En consecuencia, Moscova, que despois do fracaso da revolución no Oeste mira agora cara Oriente, atopa terreo fértil para a súa propaganda nos movementos anticolonialistas e nacen partidos comunistas en todo Extremo Oriente.

Neste contexto, a rivalidade entre potencias, sobre todo na China septentrional, leva a unha situación de inestabilidade na rexión. É así que a segunda guerra entre China e Xapón, que comeza en 1.937, fai de Asia o teatro inicial do segundo conflito mundial. Pero até 1.941 China terá que enfrontar ela soa a Xapón, que logra así invadir tamén o Sul-Leste asiático. Realmente, a segunda guerra mundial será globalizada unicamente por medio da baixada ao campo dos Estados Unidos. Pero a mundialización do conflito ven determinada por un evento asiático, e este é o ataque xaponés á base de Pearl Harbor (7 de decembro de 1.941), que leva ao masivo despregamento de forzas na rexión tanto por parte dos americanos como dos aliados europeos. Ainda que as potencias occidentais sempre lle atribuisen prioridade ao enimigo alemán, Grosser fai notar como o teatro Asia-Pacífico influiu moi fortemente sobre o concretarse a guerra. Realmente, só desde decembro de 1.943 os americanos poñen en campo máis homes contra Alemania que contra Xapón e, ademais, en conxunto, Washington rexistrará máis perdas no Pacífico que en Europa. Mentras, os británicos asisten a unha dolorosa humillación na rexión coa caída de Hong Kong (decembro de 1.941), de Singapur (febreiro de 1.942), de Birmania (maio de 1.942), os bombardeos sobre Darwin (febreiro de 1.942) e a posterior atribución da defensa de Australia aos USA. Tamén Francia é obrigada a facerlle fronte a unha situación problemática en Asia: o colaboracionismo cos invasores dura máis nas colonias asiáticas que na patria nai e París é excluida da operación de desarmar ás forzas xaponesas e da Conferencia de Ialta (febreiro de 1.945). Paralelamente, tanto os chineses como os rusos reivindican o seu papel de vencedores na guerra por ter contribuido ao desastre dos xaponeses na rexión. Estes exemplos mostran como a afirmación estratéxico-militar de varios estados en Asia foi esencial para presentarse como gran potencia mundial ao final do conflito.

Durante o primeiro medio século de historia do Novecento, suliña Grosser, a pouca visión ampla das potencias occidentais en recoñecer o Extremo Oriente como unha prioridade do taboleiro internacional, levou á inflitración da URSS na rexión, fenómeno que anticipa as dinámicas que se crearán durante a guerra fría. Realmente, a rivalidade entre Washington e Moscova, en competición para colmar o baleiro deixado pola caída do imperio nipón, exacérbase a partir do final do segundo conflito mundial.

A segunda metade do século XX: Asia fai tremer a Occidente.

O autor reconduce, entón, as orixes da guerra fría ás guerras civís e coloniais que de desencadearon en Asia despois da derrota de Xapón. A primeira onda de descolonización ten lugar prcisamente na rexión: pénsese, por exemplo, na independencia de Indonesia (1.945), de Vietnam (1.945) e da India (1.947). É fundada a República Popular Chinesa (RPC, 1949), mentras Xapón desde 1.947 convértese no punto de apoio americano para a contención anticomunista en Asia. Neste contexto, USA e URSS comezan a razonar en termos de esferas de influencia, mentras a guerra de Corea e a guerra de Indochina levan á cristalización na rexión dos dous campos da guerra fría, o capitalista e o comunista, pero tamén determinan cambios na natureza da guerra a nivel mundial. Realmente, fai notar Grosser, no 1.955 conclúe a fase de militarización e de guerra aberta entre URSS e USA e a competición da guerra fría, de militar pasa a estratéxica, basada na exhibición do modelo soviético e americano: Asia convértese no banco de probas do soft power das dúas potencias. A guerra de Corea exacerba tamén a rivalidade entre China e USA e asume un significado global. O conflito, que debía ser «limitado» na súa duración, mostra como nengún dos dous campos, comunista e capitalista, pode confiar na esperanza dunha derrota definitiva do enimigo: o que sucede en Asia, remarca o autor, é especular e complementario a aquilo que ten lugar en Europa, onde se asiste á división e ao conxelamento do continente en dous bloques e a aceptación deste modus vivendi. Pero Asia permanece como unha área inestábel, forxa de posíbeis tensións e, por este motivo, central no gran xogo da Guerra fría.

O proceso de radicalización comunista en Asia e o comezo da guerra de Vietnam (1.964-65) cambian profundamente as relacións internacionais. Vietnam mostra as atrocidades do imperialismo americano e cataliza o desacordo da opinión pública internacional. Pero coa continuación do conflito, USA e URSS aproxímanse a causa dos seus problemas asiáticos, a contención dos comunistas para os primeiros e o desafío chinés para os segundos. Realmente, o movemento comunista internacional é posto a unha dura proba polo desacordo chinés-soviético, que se desata ao comezos dos anos Sesenta por motivos ideolóxicos e alcanza o seu punto culminante cos enfrontamentos no río Ussuri en 1.969, fruto dunha disputa territorial. A ruptura entre as dúas potencias comunistas favorece a distensión americano-soviética por unha banda e a fragmentación do Terceiro Mundo pola outra, mentras Xapón retorna á escena rexional. Grosser suliña con agudeza que a tensión e a rivalidade existente entre bloque occidental e oriental parece disolverse primeiro no teatro Asia-Pacífico que noutras partes. A primeira metade dos anos Setenta é realmente conformada por dous acontecementos asiáticos de gran alcance que levan a unha ralentización. A normalización chinesa-americana (simbolicamente representada pola viaxe de Nixon á RPC en 1.972) e a finalización da guerra de Vietnam (1.975) modifican os equilibrios da rexión, qeu xa non dependen da contención comunista a cargo dos americanos. Os alineamentos da guerra fría parecen desintegrarse e en Asia instáurase progrsivamente un novo equilibrio entre catro potencias (USA, URSS, RPC e Xapón). Os USA, para preservar a súa credibilidade, subliman o fracaso da guerra de Vietnam coa vontade de crear unha nova estrutura global de paz e así nos anos Setenta toma forma a gran distensión americano-soviética. Pero en Asia os americanos contan coa China popular e Xapón para conter á URSS, mentras os aliados asiáticos dan os primeiros pasos cara á normalización das relación co viciño soviético.

O xiro do bienio 1.978-9 no plano dos equilibrios internacionais está ainda conectada cos acontecementos asiáticos. A disgregación do mundo comunista (conflitos entre Vietnam e Camboia e entre Vietnam e China, a invasión soviética de Afganistán) leva a Asia a orientarse cara as prácticas do mundo capitalista. Deng Xiaoping inagura a época das reformas chinesas (1.978), mentras os éxitos económicos dos paises do ASEAN* e de Xapón impactan e preocupan a Occidente. Asia coñece un milagre económico e unha etapa de paz: a estabilidade da rexión explica como desde os anos Oitenta serán primeiro Europa e despois o Medio Oriente os que se convertan en lugares de tensións e conflitos.

As observacións do autor centran a atención nun aspecto moi interesante pero ainda non estudado a fondo: tamén o final da guerra fría (1.989-1.991) parece estar conectado con Asia. Por unha banda, emana da necesidade de facerlle fronte á afirmación do continente asiático como potencia económica. Pola outra, o proceso de democratización en Extremo Oriente, ainda cos seus límites, sofre unha aceleración nos anos Oitenta e inflúe directamente sobre os cambios en Europa. Por exemplo, nas Filipinas (1.986), en Corea do Sur (1.986-7) e en Birmania (1.988) asístese a unha «ola democrática» que, partindo do Leste, chega ao Oeste ao final dos anos Oitenta. Os paises asiáticos que recolleron éxitos no ámbito social e económico parecen demostrarlle aos paises da Europa do Leste como un xiro democrático é necesario para o renacer das economías nacionais. Desde este punto de vista, tamén os retrocesos rexistrados en Asia, como por exemplo a represión producida na Praza de Tiananmen en xuño de 1.989, revélanlle á élite do Leste de Europa e da URSS como unha resposta autoritaria ás demostracións de masa non é eficaz no cadro dun contexto internacional completamente mudado.

Consideracións finais.

É desde aquí, desde a pax asiática e do boom económico dos anos Oitenta-Noventa, desde onde se orixinan os éxitos chineses, xaponeses, pero tamén coreanos e dos chamados «tigres asiáticos» no século XXI. A profundización de Grosser en relación co papel de Extremo Oriente na historia do Novecento demostra como non se chegou dun momento para o outro a un mundo no que as dinámicas ligadas a Asia oriental son imprescindíbeis nos cálculos xeopolíticos e económicos das potencias occidentais. Esta situación é o fruto dun século de acontecementos que viron a Asia como protagonista, convidado de pedra no banquete das grandes potencias. A profundización de Grosser non pode máis que despertar o interese dos lectores de todo tipo, nun momento no que a guerra comercial entre China e Estados Unidos fai mesmo temer unha terceira guerra mundial e os proxectos chineses en relación á nova Vía da Seda involucran cada vez máis tamén a Europa. A actualidade demostra que Grosser ten razón: o século XXI decidirase ainda en Asia.

(Clara Galzerano).

Publicado o 22-4-2019 na web da revista italiana PANDORA. Traducido por Administrador, pode verse o orixinal aquí:

https://www.pandorarivista.it/articoli/dall-asia-al-mondo-pierre-grosser/?fbclid=IwAR2rEHsChgPVaGQlp5Ej4B1jBvMnvPRzL7e97ucgoHcyxvV2NpamzHnsVBE

* https://es.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_de_Naciones_del_Sudeste_Asi%C3%A1tico

Esta entrada fue publicada en Italia, política y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario