Nietzscheana (66). Alemania. Dureza. Música

Os alemáns cren que a forza débese manifestar na dureza e na crueldade, e por isto sométense a ela gustosos e con admiración. Non creen que poida haber forza na suavidad e a dulzura? (Tratados filosóficos).


Nada de nacionalismo. E, con rotundidade, nada de nacionalismo alemán. Aquel pobo (FN dixit) que non sabía escoitar música: “Non admitirei nunca que un alemán poida saber o que é a música. Os chamados músicos alemáns, ante todo os máis grandes, son estranxeiros, eslavos, croatas, italianos, holandeses ou xudeus; en caso contrario, alemáns de raza forte, alemáns extintos, como Heinrich Schütz, Bach e Händel”. As palabras foron escritas en “Ecce homo”, a obra en que FN nos ilustra de como se chega a ser o que se é.

Palabras demoledoras para “o” alemán. Difícil con estes precedentes (e outros, tantos outros) prestarse a interpretacións pouco “respectables” de Nietzsche. Falar de “superhome” e equiparar iso a un racismo (menos aínda alemán, ario) é fantasmal.

Ademais, para esta exclusión absoluta, rotunda e incondicional (“ningún alemán”) apóiase justamente na palabra “raza”, “raza forte”. Biolóxica? Non o parece en absoluto. “Raza forte”, non “raza alemá”. Alemáns excepcionais, flores no deserto. “E quen son estes alemáns de raza forte?”, interrógase Antonia Tejeda nun artigo que vale a pena ler: Interpretaciones y malinterpretaciones después de Nietzsche. Es la filosofía de Nietzsche antisemita? . Pois ” …. son os alemáns cultos do pasado, os alemáns artistas, os alemáns xenios”.

Pero do tema “antisemitismo” escribirase noutro capítulo desta serie dedicada ao que fixo comparecer na historia (nosa) a Zaratustra. E proseguimos co tema “Alemania”. No texto que encabeza non se rexeita a “forza”. Non podería ser así en FN; o que se rexeita (e de aí vén a crítica a “o” alemán) é a identificación desta como dureza e crueldade. Na súa incapacidade para ceer (sentir) que poida expresarse na suavidade e na dulzura. Na música que amaba Nietzsche; proseguindo con aquel texto de FN, o mesmo é encabezado por este fragmento: ” … que é o que eu quero propiamente da música. Que sexa clara e profunda como unha melodía de outubro. Que sexa peculiar, desenvolta, tenra, unha doce mullerciña de graza e perfidia …”. Música, xa que logo, “forte”, cunha personalidade rica.

FN móstrase brutal. Sobre este tema, “particularmente” brutal:

– ” …. O espírito alemán é unha indixestión, non dá fin a nada ….. A onde chega Alemania, corrompe a cultura” (Ecce homo);

– Afástase do alemán, non quere tocalo coas mans, non quere que roce a súa pel, non quere ser “pertencente” a “aquilo”: ” …. eu son estraño, nos meus instintos máis profundos, a todo o que é alemán, até o punto de que a mera proximidade dunha persoa alemá me retarda a dixestión” (Ecce homo); e é que aqueles alemáns “de raza forte” aos que se aludiu, extinguíronse, dinos FN;

– “…. este pobo volveuse estúpido voluntariamente, case desde hai un milenio: en ningún outro sitio se abusou máis viciosamente dos dous grandes narcóticos europeos: o alcohol e o cristianismo ….” (O crepúsculo dos ídolos).

– Maldicindo o cristianismo (particularmente na súa versión “protestante”), mesmo aos alemáns culpa diso: “Si non se termina co cristianismo, culpables diso serán os alemáns” (O Anticristo);

– E, en fin: ” …. os alemáns non se dan conta de en que medida son vulgares, pero isto constitúe o superlativo da vulgaridade, nin sequera se avergoñan de ser meramente alemáns …… É inútil que eu busque no alemán un sinal de tacto, de délicatesse para comigo. De xudeus, si a recibín, pero nunca aínda de alemáns”.
Existe un espírito nacional? Unha “esencia popular”?. Un “alma” a que reconducir os colectivos humanos en todas as súas complexidades? Permitímonos dubidalo. FN entende (polo que se ve) que si, polo menos no “caso Aelmania”, que o vive, sente, percibe na pel, no tacto.

Ou non, e aquela “raza” de “alemáns fortes” pertenza ao pasado e estea a falar só Alemania do seu tempo para denostala. A que albergaba tempestades que chegarían décadas despois en forma de sangue e metralla (como el soubo ver). A que non sabía identificar a forza máis que con dureza …. e crueldade, claro.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en filosofía, literatura y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s