Hebrestadounidenses

Un sempre recordará a Woody Allen. Ou a Paul Newman. De Bob Dylan nen que dicir ten. Liz Taylor foi unha conversa inversa. Nomes, só algúns, nada máis.
Tamén nos emocionamos lendo algunha páxina de “O Rabino”, de Noah Gordon. Spielberg … Polanski … Neil Simon …. Barbra Streisand. Non me fagan falar.
Marcuse (e a Escola de Frankfurt) , Hanna Arendt e tantos outr@s atoparon aquí (alí) o seu refuxio.
Ou non era New York en tempos New Amsterdam? Intúe un -só intúe- que hai algo de sefardí nesa cidade.
O -sempre ilustrativo- mapa publicado na revista italiana de xeopolítica LIMES, e concretamente no traballo Giornata della memoria, 10 carte per non dimenticare l ‘Olocausto (“Xornada da memoria, 10 documentos para non esquecer o Holocausto”) ven a falarnos disto. O mapa ofrécenos a distribución da poboación hebrea nos Estados Unidos. Fruto, cómpre dicilo, das sucesivas ondas migratorias provintes de Europa no XIX e XX. O tazrismo algo tivo que ver.
Pogroms, restricións de dereitos … até o xenocidio. E, navegando nese país de prófugos que tantas veces foi o noso Atlántico foi, alá ao fondo …. ela.

Esta entrada fue publicada en política, shalom y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario